- Cursos de danza.
- Cursos de Gaita.
- Cursos de Confección de Traxe Tradicional.
- Campionatos anuais de Tute e de Brisca.
Realizan as Xornadas Culturais Galegas, con conferencias, recitais de poesía, exposicións, presentacións de libros, etc.
Celebran a “Festa Major de Sabadell” e a “Cea do Nadal”, ademais das principais festas tradicionais galegas como: “Día de Galicia”, “Magosto”, “Antroido”, “A Sardiñada”, etc, con representacións do foclore e a gastronomía galegos.
Tamén celebran cada ano a “Festa Galega” no Parc de Catalunya, que supón unha mostra da cultura e gastronomía galega aberta a todos os cidadáns de Sabadell.
Teñen un Grupo de Gaitas e Danzas que participa nas actividades da entidade e en intercambios culturais con grupos doutras casas rexionais, como os ”Encontros de Gaiteiros e Pandereteiras”.
Publican anualmente a “Revista Nós”, na que recollen artigos de importantes personalidades do mundo político, artístico, literario, etc.; reportaxes e pinceladas históricas de temática galega, actividades realizadas durante o ano pola entidade, etc.