O Centro Galego “Nós” foi fundado no ano 1978 e adoptou esta denominación da “Revista de Cultura Galega Nós”, que tiña membros tan insignes como Vicente Risco, Otero Pedraio, e Florentino Cuevillas.
Ó Centro foille recoñecida a condición de galeguidade pola Xunta de Galicia, o 28 de xaneiro de 1988 por Decreto 24/88, publicado no DOG nº 28, do 11 de febreiro de 1988.
Na actualidade conta cun total de 400 socios, dos cales 220 son galegos.
Ten local social de tres plantas en propiedade, no que se ubican as distintas dependencias: salón cultural, biblioteca, sala de audiovisuais, restaurante-bar, terraza, local para ensaios, etc.
No verán, de 2003 o concello de Trabada (Lugo), onde naceu o seu actual presidente D. Rogelio Martínez adicou unha das súas rúas a este prestixioso centro poñendolle o nome de “centro Galego Nós de Sabadell”, acto ó que asistiu o Exmo. Sr. D. Celso Currás Fernández, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia